Ir o contido principal

Os profesores da USC Jorge Mira e Pilar Cagiao participan no ciclo de conferencias 'De camiños e viaxes: o Xacobeo'

O Vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Carlos Herrero, será o encargado de introducir o relatorio ‘Que distancia nos separa do firmamento?’ que o profesor da Área de Electromagnetismo e director do Departamento de Física Aplicada da USC, Jorge Mira Pérez, impartirá este venres 20 de novembro, ás 20:00 horas, no Pazo de San Marcos, dentro do ciclo ‘De camiños e viaxes: o Xacobeo’, que organiza o clube cultural ‘Valle Inclán’.
Este ciclo continuará o vindeiro 26 de novembro coa conferencia ‘Santiago en América’, a cargo da profesora de Historia de América e directora do Centro de Estudos Americanistas da USC, Pilar Cagiao Vila.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.11.2009.