Ir o contido principal

Profesores da USC publican en galego a guía breve para a nomenclatura de Química Orgánica da IUPAC

Profesores da USC publican en galego a guía breve para a nomenclatura de Química Orgánica da IUPAC
Profesores da USC publican en galego a guía breve para a nomenclatura de Química Orgánica da IUPAC

Os profesores do Departamento de Química Inorgánica da Facultade de Química da USC Ana M. González Noya e Manuel R. Bermejo veñen de publicar a Guía Breve para a Nomenclatura en Química Inorgánica . Trátase da versión galega das normas oficiais da IUPAC (International Union of Pure and Applied Chemistry), un documento que proporciona un esquema das regras de nomenclatura esenciais para elaborar nomes e fórmulas de compostos inorgánicos, de compostos de coordinación e de compostos organometálicos.

A guía, de grande utilidade como material didáctico tanto en ensinanza secundaria e bacharelato como na universidade, pódese descargar de balde dende o enlace da Real Sociedad Española de Química, organismo responsable da revisión e aprobación desta versión galega.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 30.06.2016.