Ir o contido principal

Profundan nunha xornada na cultura e o territorio de México

As Universidades de Santiago de Compostela e Vigo organizan o vindeiro venres 17 o II foro de debate ‘México. Espacio e Sociedade’ que busca a colaboración interdisciplinar no marco de Galicia para potenciar os intercambios académicos, en formación e investigación entre as universidades galegas e mexicanas.

O encontro comezará ás 10.00 horas no salón de actos da Facultade compostelá de Filosofía cunha charla da antropóloga Beatriz Comendador titulada ‘Os usos do pasado prehispánico no Mayab actual’. Seguiralle Adela Vázquez, da UNAM (México), con ‘Experiencias bicomún en Yucatán: identidad, memoria y bienes comunes’.

As ameazas e oportunidades para México na era Trump é o tema do que falará o politólogo da USC Javier Kniffki, nunha sesión matinal que continuará con Priscila Mariscal, vicepresidenta da Asociación Centinelas de Santiago de Compostela, para tratar a cuestión das mulleres inmigrantes na cidade.

As persoas interesadas en asistir poden enviar un correo electrónico a carlos.ferras [at] usc.es (carlos[dot]ferras[at]usc[dot]es) ou agueda.gomez [at] uvigo.es (agueda[dot]gomez[at]uvigo[dot]es).

Os contidos desta páxina actualizáronse o 14.03.2017.