Ir o contido principal

O programa Explorer ‘Jóvenes con ideas’ para emprendedores novos da USC mantén aberta a inscrición ata o 12 de decembro

Cartaz do programa Explorer 'Jóvenes con ideas'
Cartaz do programa Explorer 'Jóvenes con ideas'

Emprendedores entre 18 e 31 anos xa se poden inscribir, a través de Santander X e ata o 12 de decembro de 2018 no programa Explorer ‘Jóvenes con Ideas’, unha iniciativa que impulsa o talento da mocidade e a xeración de proxectos innovadores nun entorno dixital, aberto e colaborativo. O programa, promovido polo Banco Santander a través de Santander Universidades e coordinado polo CISE, brindará formación e mentoring de forma gratuíta a mozas e mozos que queiran desenvolver as súas ideas de negocio.

Os seleccionados poderán beneficiarse do acceso aos Explorer Space da USC (con sedes nos campus de Santiago e Lugo), dous centros de coworking de alto rendemento onde desenvolverán as súas ideas de forma colaborativa, conectarán con outros emprendedores e recibirán asesoramento personalizado e formación impartida por unha rede de mais de 200 expertos en innovación e modelos de negocio.

Para esta nova convocatoria, o programa incorpora máis contidos dixitais, fortalecendo a formación cas últimas metodoloxías e reforzando a conexión entre mozos de diferentes Spaces.

Comunidade, impulso e financiación

Ao finalizar os cinco meses de formación e ideación, os promotores do proxecto mellor valorado de cada Explorer Space viaxarán a Silicon Valley xunto a outros 56 emprendedores de diferentes centros. Na súa aventura americana a mocidade emprendedora recibirá clases maxistrais en empresas tecnolóxicas, asesoramento en internacionalización e contacto con inversores. Ademais, os tres mellores proxectos recibirán 30.000, 20.000 e 10.000 euros, respectivamente, para acelerar o seu desenvolvemento.

Gracias á colaboración ca Fundación EY, Explorer conta tamén co premio Woman Explorer Award, que ofrece 20.000 euros para financiar o mellor proxecto liderado por unha emprendedora e o premio de innovación Disruptive Technology Explorer Award –impulsado por INDRA-, que brindará 3.000 euros e asesoramento por parte de expertos de Indraventures ó proxecto de negocio más innovador.

Entidades locais

Os Explorer Space da Universidade de Santiago de Compostela están localizados en Santiago de Compostela e Lugo e contan co apoio da Xunta de Galicia, en concreto da Secretaría Xeral de Emprego, Consellería de Economía e Industria. O USC Santiago de Compostela Space atópase no Edificio Emprendia, núcleo da Transferencia de Coñecemento, Innovación e Emprendemento do Campus Vida, proporcionado aos participantes un espazo coworking e ferramentas para a incubación e a formación, tanto presencial como virtual, asemade para o traballo colaborativo.

O USC Lugo Space ten a súa sede na Facultade de Administración e Dirección de Empresas (ADE), dentro do Campus Terra, que xa conta cun espazo coworking a disposición dos emprendedores. A Facultade de Administración e Dirección de Empresas eríxese así como un espazo universitario para a creación de valor económico-social, sendo o emprendemento un dos eixos chave para chegar a tal fin. Ademais, os proxectos premiados neste centro contarán coa dispoñibilidade dun espazo de incubación para o seu proxecto na Fundación CEL, que colaboran activamente na difusión e desenvolvemento do programa entre o seu texido empresarial.

As actividades destes Explorer Space intégranse no programa da USC que se xestiona dende a Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento (AVTE). Todos os interesados en desenvolver a súa idea de negocio e optar ós premios, deberán presentar a súa candidatura a través dun formulario dispoñible en www.santanderx.com.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.11.2018.