Ir o contido principal

O programa radiofónico ‘Yu: no te pierdas nada’ realizarase o xoves en directo dende Ciencias da Comunicación

O Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC será o xoves 26 o escenario escollido para a unha edición especial de ‘Yu: no te pierdas nada’, o programa radiofónico que encabeza Dani Mateo e que se realizará en directo dende o centro compostelán de 11.00 a 14.00 horas. Ademais das seccións habituais, sorpresas e actuacións en directo, nesta edición do programa participarán Cañita Brava ou Pablo López, ademais dos colaboradores habituais Cristina Pedroche ou Lorena Castell. As portas do Auditorio abriranse a partir das 10.30 horas, permitindo o acceso do público ata completar o aforo. As persoas que desexen asistir como público deberán permanecer durante todo o programa, de 11.00 a 14.00 horas e descargar a súa invitación para poder ter control da demanda.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.09.2013.