O programa Tándem, de intercambio lingüístico, celébrase este xoves na Cafetería SEU
Este xoves 16 está prevista unha sesión do programa CLM-Tándem, unha xornada gratuíta de intercambio lingüístico para todas as persoas matriculadas nos cursos do Centro de Linguas Modernas (CLM) e que teñen ou superan o nivel A1. Tándem celebrarase de 20.00 a a 21.30 horas na Cafetería SEU (Campus Vida, fronte á Facultade de Dereito). A participación en Tándem é unha oportunidade de practicar e mellorar a lingua de estudo con outras persoas na mesma situación así como de entrar en contacto con xente que cursa estudos no CLM e coas que compartir inquedanzas. Para acadar máis información, as persoas interesadas poden dirixirse a genevieve.lecorre [at] usc.es (genevieve[dot]lecorre[at]usc[dot]es), isidora.rubio [at] usc.es (isidora[dot]rubio[at]usc[dot]es) ou clm [at] usc.es (clm[at]usc[dot]es).