Ir o contido principal

A programación da Universidade de Verán 2014 continúa do 16 ao 22 de xuño con seis cursos en Santiago e Lugo

A programación da Universidade de Verán 2014 continúa do 16 ao 22 de xuño con seis cursos en Santiago e Lugo
A programación da Universidade de Verán 2014 continúa do 16 ao 22 de xuño con seis cursos en Santiago e Lugo
Enfoques no tratamentos da obesidade, agroecolexía, comunidades de aprendizaxe, , trastornos mentais, márketing deportivo e arte na idade media centran a temática dos cursos que se celebrarán do 16...

A programación de cursos da Universidade de Verán continuará ao longo da terceira semana do mes de xuño a celebración de seis novos cursos en distintos emprazamentos dos campus de Lugo e de Compostela. A temática destes programas formativos e de divulgación é moi diversa e abrangue cuestións relativas a novos tratamentos da obesidade, agricultura familiar e agroecoloxía, comunidades de aprendizaxe, reforma local, márketing deportivo ou anacos da arte na Idade Media.

A programación da Universidade de Verán 2014 para a terceira semana do mes de xuño contempla a celebración de catro cursos en Santiago. O día 16 está previsto o comezo do programa ‘Avances en avaliación, tratamento e xestión de trastornos mentais e do comportamento’, que se prolongará ata o día 20 baixo a dirección de María del Carmen del Río Nieto. O curso ‘Comunidades de aprendizaxe. Inclusión, éxito educativo e desenvolvemento comunitario’, dirixido por Carmen Morán de Castro e Germán Vargas Callejas, desenvolverase na Facultade de Ciencias da Educación do 16 ao 18 de xuño. O Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento acubillará do 18 ao 20 de xuño o programa ‘Retazos da Arte, sociedade e cultura na idade media europea: oratores, laboratores e bellatores’, desenvolvido baixo a dirección de Manuel Núñez Rodríguez e David Chao Castro. Doutra banda, o Paraninfo da USC acubillará do 22 ao 22 deste mes as ‘Xornadas sobre novos modelos de financiamento e márketing deportivo’, dirixidas por Luis Alberto Otero e Loreto Fernández. Campus de Lugo O campus de Lugo acollerá ao longo da terceira semana do mes de xuño dous cursos programados no marco da Universidade de Verán 2014. O programa ‘Novos enfoques no tratamento da obesidade’, dirixido por Alberto Cepeda e José Manuel Miranda, desenvolverase na Facultade de Ciencias do 16 ao 18 de xuño. A data de conclusión deste curso de verán da USC coincide co comezo doutro dos títulos ofertados, como é ‘Agricultura familiar agroecolóxica’. Este programa, dirixido por Xan Neira Seijo e Anna Cervera, celebrarase na sede do Ibader do 18 ao 20 de xuño.

O alumnado que se matricule nestes cursos de verán da USC poderá validar a súa asistencia como créditos de libre elección ou optativos. Para diplomaturas, mestres, enxeñarías, enxeñarías técnicas e licenciaturas a validación será en forma de libre elección, dous por cada curso de 30 ou máis horas e un polos de menos de 30 horas. Pola súa banda, para os graos a validación será de dous créditos optativos por cada curso de 25 horas ou máis e dun para os de menos de 25. Máis información en http://www.usc.es/cultura/uveran14index.htm.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 09.06.2014.