A promoción 1947-1952 de Dereito celebra o seu 60 aniversario

Corenta integrantes da promoción 1947-1952 da Facultade compostelá de Dereito celebraron este martes nun emotivo acto en Santiago as súas Vodas de Diamante, na que lembraron tempos pasados e algunhas anécdotas do seu paso pola Universidade. O grupo participou en San Xerome nunha recepción co reitor da USC, Juan Casares Long, na que interveu en representación do alumnado Carlos Fernández Novoa.