Ir o contido principal

A promoción 1957-1962 de Dereito celebra este sábado as súas vodas de ouro

A promoción 1957-1962 de Dereito da Universidade de Santiago festexará este sábado 15 as súas vodas de ouro. O acto, que presidirá o reitor Juan Casares, terá lugar ás 11.00 horas na Facultade de Xeografía e Historia da USC, o centro onde hai cincuenta anos cursaron os seus estudos. Ademais do reitor intervirán Javier Fenollera García en representación da promoción; o decano de Dereito, Luis Míguez; e José Santiago Pérez, da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC. Esta foi a primeira promoción que superou os 100 licenciados.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 14.09.2012.