Ir o contido principal

A promoción de 1977-1982 da Licenciatura de Matemáticas da USC celebrará as súas vodas de prata este sábado

A promoción de 1977-1982 da Licenciatura de Matemáticas da USC celebrará este sábado, día 10, as súas vodas de prata nun encontro que comezará ás 11:15 horas coa realización dunha fotografía conmemorativa. Deseguido, os integrantes da promoción participarán nun acto académico no Salón de Graos da Facultade.
Na sesión académica intervirán o decano do centro, Juan M. Viaño Rey; a docente Regina Castro Bolaño como representante do profesorado da promoción; e Fernando Raposo Rodríguez e Ana Valdés Fernández, en nome dos titulados.
Logo, ás 12:30 horas, visitarán o Recanto da Saúdade e ás 13:00 horas iniciarán unha visita guiada ao patrimonio histórico da USC.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 09.11.2007.