Ir o contido principal

A promoción 1981-1986 da Licenciatura de Dereito conmemou as súas vodas de prata

A promoción 1981-1986 da Licenciatura de Dereito conmemou as súas vodas de prata
A promoción 1981-1986 da Licenciatura de Dereito conmemou as súas vodas de prata
Interveu en representación do alumnado o ministro Francisco Caamaño

O reitor Juan Casares presidiu este sábado as vodas de prata da promoción de Dereito da USC correspondente ao período 1981-1986, á que pertence o ministro de Xustiza, Francisco Caamaño, que interveu no acto en representación dos asistentes.

Logo da intervención de Francisco Caamaño seguiulle unha segunda quenda en representación da promoción da man de Amalia Parra Santamarina. Tomaron o relevo Ángel Rebolledo para falar en nome do claustro de profesores e a presidenta da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC, Socorro Ortega. Para finalizar, dirixiuse ao público o decano de Dereito, Luis Miguez Macho, mentres que o reitor se encargou de clausurar a sesión.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.06.2011.