Ir o contido principal

A promoción 1981-86 de Ciencias Empresariais da USC celebra as súas vodas de prata

A promoción 1981-1986 da licenciatura en Ciencias Empresariais da Universidade de Santiago celebra este venres 25 o seu vinte e cinco aniversario nun acto que presidirá o reitor Juan Casares ás 18.00 horas no salón de graos da Facultade onde estudaron. Acompañarán ao reitor na mesa a decana do centro, Emilia Vázquez, e a profesora Loreto Fernández en representación da promoción. Ademais, intervirán no acto os ex alumnos Rafael Silva, xerente da Rosaleda, e Javier Ínsua, de Jealsa, e o profesor José Antonio Redondo, docente da promoción.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.11.2011.