Ir o contido principal

A promoción 1986-1991 de Xeografía celebra este sábado os 25 anos da finalización de estudos

A promoción 1986-1991 de licenciados e licenciadas en Xeografía da USC reunirase este sábado 9 no Paraninfo da Universidade (Facultade de Xeografía e Historia) para celebrar os 25 anos da finalización de estudos. O acto académico comezará ás 12.30 horas coa participación do decano do centro, Juan Monterroso Montero; do secretario do Departamento de Xeografía, Marcos Valcárcel; de Julio Hernández Borge en representación do profesorado daqueles anos; e de Salvador Mosteyrín Canosa como representante dos licenciados. Faráselle entrega a todas as persoas presentes da Insignia da USC.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 08.06.2012.