A promoción 1987-1992 de Dereito conmemora a súas vodas de prata
A promoción 1987-1992 da Facultade de Dereito conmemorará este sábado 28 o 25 aniversario da súa licenciatura cun acto no propio centro compostelá. A partir das 18.30 horas no Salón de Actos da Facultade, a xornada comezarán coa recepción e presentación do antigo alumnado e o acto académico.
A celebración destas vodas de prata de Dereito deixará igualmente a súa pegada no Recanto da Saudade en Campus Vida coa colocación a partir das 19.30 horas dunha placa conmemorativa testemuño do paso desta promoción polas aulas da Facultade de Dereito.