Ir o contido principal

A promoción 2006-2011 de Farmacia celebra un acto académico de graduación este sábado

A promoción 2006-2011 celebra este sábado 4 a súa graduación cunha xornada que se desenvolverá na Capela Real do Hostal dos Reis Católicos a partir das 19:15 horas, presidida polo reitor Juan Casares. O programa da xornada comezará tomando a palabra Vicente Jairo Álvarez, en representación dos colexios oficiais de Farmacéuticos de Galicia, e o vicedecano de Calidade e Relacións Institucionais, José Ángel Fontenla, que darán paso á entrega de diplomas aos farmacéuticos titores de prácticas tuteladas que cumpren cinco anos de colaboración. A entrega dos diplomas correspondentes ao Premio Extraordinario de Licencitura do curso 2009-2010 a Victoria Martínez e Antonio Freire, precederá á intervención de Juan José Torres Labandeira e Francisco Javier Otero Espinar en calidade de padriños da promoción. Pablo Brocos, en representación do alumnado da promoción tomará a palabra a continuación, con anterioridade á entrega das insignias e imposición de becas aos novos licenciados. Para poñer o remate á sesión, a promoción procederá ao xuramento hipocrático.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.06.2011.