A promoción 2008-2013 de Bioloxía celebra a súa graduación
O reitor Juan Casares presidirá este sábado 6 o acto de graduación da promoción 2008-2013 da licenciatura en Bioloxía, que comezará ás 17.00 horas no Auditorio de Galicia. J. Ángel Nicolás Ávila e Ana Paula de Felipe abrirán a quenda de intervencións en representación do alumnado da promoción que remata agora estudos, para dar paso aos padriños da promoción, Mª Isabel Rodríguez Moldes-Rey e Miguel Ángel Rodríguez Díaz. O programa do acto continuará coa entrega de diplomas e bandas ao alumnado e coa intervención do decano do Colexio Oficial de Biólogos de Galicia, José Pelayo Míguez Baños, que precederá á decana da Facultade compostelá, Mª Luz González Caamaño. Na mesa presencial tamén estarán presentes a vicedecana e a secretaria deste centro, Carmen Monterroso e Beatriz Magariños, respectivamente.