Ir o contido principal

A promoción 64-69 de Dereito celebra as súas vodas de ouro nunha recepción co reitor Antonio López

A promoción da licenciatura en Dereito 1964-1969 conmemorará as súas vodas de ouro cunha recepción que presidirá o reitor Antonio López o sábado 18 no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome a partir das 12.00 horas.

O grupo está composto por corenta titulados na Facultade de Dereito, entre os que se atopan os maxistrados do Tribunal Supremo Luis Castro Fernández ou Luciano Varela, así como profesionais do Dereito, profesorado universitario, letrados, inspectores, notarios ou profesionais da procuradoría, entre outros.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 16.05.2019.