A segunda promoción de graduados en Ciencia Política e a 42 da licenciatura en Bioloxía celebrarán a súa graduación este sábado
A segunda promoción de graduados en Ciencia Política e da Administración e a 42ª da Licenciatura en Bioloxía celebrarán este sábado 5 as súas respectivas graduacións en dous actos que se celebrarán ás 17.00 horas. No primeiro caso, o reitor Juan Casares presidirá o acto que se vai celebrar no Salón Nobre do Colexio de Fonseca coa participación do ex presidente da Generalitat de Catalunya, Jordi Pujol que intervirá en calidade de padriño desta segunda promoción de graduados en Ciencia Política. Con anterioridade a esta intervención, falarán Irene Lamas e Pablo Tortajada en representación dos alumnos, para posteriormente proceder á entrada de diplomas conmemorativos. A intervención da decana Nieves Lagares e do reitor Juan Casares pecharán a sesión. No Palacio de Congresos e Exposición de Galicia, a quenda de palabra da representación de alumnos iniciará o acto de licenciatura da 42ª promoción de Bioloxía. A sesión proseguirá coa presentación e proxección dun vídeo conmemorativo da promoción 2007-2012 e a entrega de agasallos ao padriño e á madriña que tamén se dirixirán ás persoas asistentes, o catedrático Gonzalo Álvarez Jurado e a profesora de Bioloxía Celular Fátima Adrio Fondevila.
Logo da entrega dos diplomas conmemorativos, intervirán a decana do Colexio Oficial de Biólogos de Galicia, Mª Mercedes Casal; a decana da Facultade de Bioloxía, Mª Luz González Caamaño; e o vicerreitor de Investigación e Innovación, Francisco González, que presidirá a xornada.