Prorrógase o período expositivo de 'Compostela, un ano de Voz 2009'
Os acontecementos máis significativos acaecidos en Compostela e captados polas cámaras dos fotógrafos do diario La Voz de Galiciapermanecen expostos ao público no Colexio de Fonseca da USC a través da exposición ‘Compostela, un ano de Voz 2009’, inaugurada a mediados do pasado mes, e que vai prorrogar o seu período expositivo.
Este ano cúmprese a décimo segunda edición dunha mostra que é xa cita obrigada xa dentro deste xénero do fotoxornalismo e na que as preto de sesenta fotos levan a sinatura de Xoan A. Soler, Álvaro Ballesteros, Sandra Alonso e Paco Rodríguez. A exposición coincide ademais co 50 aniversario da edición do xornal en Santiago. A exposición poderase visitar de martes a sábado de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:30 horas, e os domingos de 11:00 a 14:00 horas.