A proxección do filme ‘Dead Slow Ahead’, de Mauro Herce, pecha este martes na Casa do Saber o ciclo ‘Sesións de Filmoteca’

A proxección do filme ‘Dead Slow Ahead’, de Mauro Herce, pecha este martes no auditorio da Casa do Saber de Lugo ciclo ‘Sesións de Filmoteca’, un programa promovido polo Club Cultural Valle-Inclán en colaboración co Centro Galego de Artes de Imaxe.
‘Dead Slow Ahead’ constitúe un relato audiovisual dunha crepuscular odisea marítima, ambientada nun monumental cargueiro. Este filme de carácter documental acadou diferentes premios na edición de 2015 do Festival de Sevilla, ano no que tamén acadou o galardón do xurado no Festival de Locarno. Asemade, a produción dirixida por Mauro Herce tamén foi distinguida o pasado exercicio co premio especial ao mellor documental no marco dos Premios Feroz.
A proxección deste filme, do mesmo xeito que as todas as sesión desenvolvidas ao abeiro do ciclo ‘Sesións de Filmoteca’, comezará ás 19.30 horas, no auditorio da Casa do Saber. A entrada é libre e de balde para os socios do Club Cultural Valle-Inclán, así como para os membros da comunidade universitaria. O prezo da entrada será dun euro para o resto do público interesado.