Ir o contido principal

A proxección de La Plaga abre o Ciclo de Cinema Catalán

A proxección de La Plaga abre o Ciclo de Cinema Catalán
A proxección de La Plaga abre o Ciclo de Cinema Catalán

O VI Ciclo de Cinema Catalán desenvolverase os días 27 e 28 de marzo e 24 e 25 de abril na Facultade de Filosofía, organizado pola Área de Catalán do Departamento de Filoloxía Galega. O programa intégrano catro filmes de denuncia social recoñecidos e premiados en distintos festivais. O programa comezará este xoves 27 coa intervención do crítico de cine Moncho Lemos, e dará paso á proxección de La Plaga de Neus Ballús. Xa o venres 28 será a quenda de Catalunya über alles de Ramon Térmens . No mes de abril, Fènix 11*23 de Joel Joan e Sergi Lara proxectarase o día 24 e La lapidation de Saint Étienne de Pere Vilà i Barceló o día 25. Todas as proxeccións son de entrada libre e comezarán ás 19.00 horas. Na clausura, o ciclo contará coa presenza do catedrático de Historia do Cine, Ángel Luis Hueso. Todos os filmes proxectaranse en versión orixinal subtitulada e irán emmarcados cunha breve presentación e coloquio.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 26.03.2014.