Ir o contido principal

Proxéctase o documental 'Femmes de Tetê' no Foro Casa de Europa de Investigadoras e Tecnólogas

O Seminario Mulleres e Universidade (SMU) da USC celebra este luns, día 26, unha nova sesión do seu Foro Casa de Europa de Investigadoras e Tecnólogas. Nesta ocasión, ás 17:00 horas na Casa de Europa terá lugar a proxección do filme ‘Femmes de Tetê’.
O SMU, un grupo de observación e estudo formado por profesoras da Universidade de Santiago, traballa dende a súa creación hai cinco anos na visibilización das mulleres en todos os campos da Ciencia e a Tecnoloxía. O pasado mes de febreiro comezaron coa organización do Foro Casa de Europa que inaugurou a presidenta do Parlamento de Galicia, Dolores Villarino.
O documental ‘Femmes de Tetê’, dos realizadores Hervé Nisic e Marina Julienne, percorre Europa á procura de mulleres investigadoras de alto nivel. A través dos testemuños de prestixiosas biólogas, matemáticas, físicas e astrofísicas preséntase a súa realidade.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 26.03.2007.