Ir o contido principal

O proxecto campUSCulturae organizará en Islandia un congreso internacional sobre culturas minoritarias na literatura infantil e xuvenil e na cultura oral

O proxecto campUSCulturae organizará en Reykjavík (Islandia) o congreso internacional ‘ Cultural Minorities in Children´s Literature and Verbal Culture’, que terá lugar os días 24 e 25 como colofón ao mes no que se conmemora no mundo o Día Internacional do Libro infantil e Xuvenil. Esta actividade forma parte da achega a campUSCulturae realizada dende o Vigdís Finnbogadóttir Institute of Foreign Languages da Universidade de Islandia, socia da USC na posta en marcha e mantemento do proxecto europeo campUSCulturae. Colaborarán tamén Nordic Culture Fund ou Committee for Nordic Studies Abroad. O congreso será inaugurado por Vigdís Finnbogadóttir, ex presidenta de Islandia e actual embaixadora de boa vontade de UNESCO para a diversidade lingüística no mundo. O programa estará organizado en dous grandes bloques temáticos dedicados ás Literaturas infantís en linguas minoritarias versus Cultural Global popular e as Culturas infantís nas raíces culturais das minorías. O programa completarase coas comunicacións de diversos especialistas de Islandia, Estados Unidos e Brasil. Para acadar máis información, as persoas interesadas poden visitar a web http://conference.hi.is/campusculturae.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 12.04.2013.