Ir o contido principal

O proxecto ‘Descarboniza! Que non é pouco…’ convida a un concerto-coloquio con Sés

O proxecto ‘Descarboniza! Que non é pouco…’ convida a un concerto-coloquio con Sés
O proxecto ‘Descarboniza! Que non é pouco…’ convida a un concerto-coloquio con Sés
A ‘Milonga Climática’ celebrarse o 20 de marzo no Teatro Principal

O proxecto ‘Descarboniza! Que non é pouco…’ que coordina o Grupo de Investigación de Pedagoxía Social e Educación Ambiental (SEPA) da USC en colaboración co Concello de Santiago organiza o vindeiro día 20 un concerto-coloquio coa cantante Sés no que mesturará cancións con reflexións sobre o cambio climático e algúns dos temas máis recorrentes da súa discografía.

Despois de contar o ano pasado coa presenza do cineasta José Luís Cuerda, no seu segundo ano de andadura o proxecto volve buscar no diálogo con persoeiros sinalados unha vía para achegar o gran reto do cambio climático ao público compostelá. Nesta ocasión, Sés fará do feminismo, a comunidade, a educación, a lingua, a cultura e a música parte dunha conversa que servirá de fío condutor para as súas cancións.

O concerto terá lugar ás 20.30 horas no Teatro Principal. A entrada será de balde, previa retirada de invitacións no despacho de billetes do Teatro Principal a partir do 7 de marzo (en horario de martes a sábado de 18 a 21 horas).

‘Descarboniza’, que busca organizar e acompañar grupos de persoas que estean dispostas a “descarbonizar” os seus estilos de vida, reducindo así as súas emisións de gases de efecto invernadoiro, desenvólvese actualmente en cinco Centros Socioculturais do Concello (Busto, Castiñeiriño, Conxo, Lavacolla e Vite). Desde outubro, os grupos reúnense cada certo tempo, seguindo unha dinámica propia na que analizar as causas e consecuencias do cambio climático e as medidas que se poden poñer en marcha na súa contorna inmediata. Este traballo está a cristalizar na organización de varias actividades (paseos interpretados polos barrios, obradoiros de conservas, micropezas de teatro) e algunhas máis que virán nas próximas semanas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 06.03.2018.