Ir o contido principal

Un proxecto internacional traballará para reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro nas prácticas agrarias e forestais

O obxectivo deste proxecto non é outro que o de desenvolver un portfolio ou catálogo de boas prácticas, a escala de agroecosistema, cadea de valor e políticas. FOTO: Santi Alvite
O obxectivo deste proxecto non é outro que o de desenvolver un portfolio ou catálogo de boas prácticas, a escala de agroecosistema, cadea de valor e políticas. FOTO: Santi Alvite
A catedrática na EPS de Enxeñaría do Campus Terra Rosa Mosquera coordina durante os próximos tres anos o Programa Bandera sobre Agroforestería e Agroecoloxía aprobado pola Alianza Global de Investigación Global (GRA) para avanzar na adaptación dos sistemas alimentarios ao cambio climático e na mitigación dos efectos derivados do quecemento global
Lugo

A USC liderará durante os próximos tres aos o Proxecto Bandera sobre Agroforestería e Agroecoloxía, un programa internacional aprobado pola Alianza Global de Investigación (GRA), unha organización da que forman parte un total de 67 países de todo o mundo, para avanzar na adaptación dos sistemas alimentarios ao cambio climático e na mitigación dos efectos derivados do quecemento global.

A catedrática na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra Rosa Mosquera Losada, do Departamento de Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría da USC, actuará como coordinadora desta iniciativa mundial, unha proposta do Ministerio de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico do Goberno de España que sumou os apoios de Estados Unidos, Brasil, Arxentina, Reino Unido, Chile, Colombia, Noruega e Canadá.

O obxectivo deste proxecto non é outro que o de desenvolver un portfolio ou catálogo de boas prácticas, a escala de agroecosistema, cadea de valor e políticas. Este ambicioso plan contempla, entre outras medidas, apoio económico a agricultores, produtores forestais e gandeiros, ademais da necesaria mellora do sistema de extensión agraria e forestal e a atención ás necesidades xurdidas no ámbito da investigación, a fin de implementar prácticas que permitan incrementar o secuestro de carbono e reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro a nivel mundial, explica Rosa Mosquera.

O liderado da USC para favorecer o desenvolvemento deste proxecto consistirá na coordinación efectiva dos países participantes, a fin de consensuar a elaboración dunha guía que achegarán a agricultores e produtores forestais de distintas partes del mundo. Este novo documento pretende servir de referencia para mellorar a sustentabilidade do uso de seus respectivos sistemas produtivos, ademais de para favorecer a transición agroecolóxica a través da optimización do emprego dos recursos considerando o cambio climático e as sinerxías que se establecen entre a adaptación e a mitigación.

Os obxectivos que pretende o Proxecto Bandera sobre Agroforestería e Agroecoloxía están aliñados cos mesmos intereses doutros programas europeos, tal e como son AE4EU e AF4EU, dúas iniciativas tamén lideradas pola USC e o grupo da Alianza Global para a Agricultura Climaticamente Intelixente, entidade vencellada á FAO e á Alianza para a Economía Circular na que participan 27 laboratorios vivos existentes en países de todo o mundo.

Visita á finca experimental ‘La Canaleja’ do INIA-CSIC en Alcalá de Henares e ao Centro de Recursos Fitoxenéticos (CRF), tamén pertencente ao INIA-CSIC e situado na mesma localidade
Visita á finca experimental ‘La Canaleja’ do INIA-CSIC en Alcalá de Henares e ao Centro de Recursos Fitoxenéticos (CRF), tamén pertencente ao INIA-CSIC e situado na mesma localidade
Os contidos desta páxina actualizáronse o 27.04.2023.