Ir o contido principal

O proxecto interuniversitario ‘Nomes e voces’ organiza unha conferencia sobre a UE e a memoria histórica

O investigador de ciencia política do CSIC Carlos Closa Montero foi convidado polo Proxecto Interuniversitario “Nomes e Voces” e polo Departamento de Historia Contemporánea e de América para impartir este xoves 15 en Santiago a conferencia ‘Demandas de recoñecemento: a UE e a memoria histórica’. A intervención será ás 20.00 horas na Sede Fundación novacaixagalicia-Claudio Sanmartín (Rúa do Vilar, 19) e nela Closa estará acompañado do profesor Lourenzo Fernández Prieto, director do Proxecto e do Departamento de Historia Contemporánea e de América da USC. Carlos Closa Montero dirixe na actualidade un proxecto de investigación avalado pola Comisión Europea e no que participan expertos de todos os estados membros sobre o modo en que se trata a memoria dos crimes cometidos polos réximes totalitarios por parte dos estados membros da UE. Neste proxecto No traballo Negotiating the past: claims for recognition and policies of memory in the EU, editado polo CSIC en 2010 (Documento de trabajo [Instituo de Políticas y Bienes Públicos (IPP)] 2010-8), Carlos Closa reflexiona acerca das políticas de memoria na Unión Europea, citando en distintas ocasións ao traballo desenvolvido polo Proxecto 'Nomes e Voces'.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 14.09.2011.