Ir o contido principal

O proxecto PEINAS, recoñecido no marco das Spanish Universities Involvement in Social Innovation Activities (Suisia)

O Proxecto PEINAS, cunha traxectoria de once edicións, consolida a metodoloxía da aprendizaxe-servizo no marco da materia Pedagoxía Intercultural. Imaxe de arquivo
O Proxecto PEINAS, cunha traxectoria de once edicións, consolida a metodoloxía da aprendizaxe-servizo no marco da materia Pedagoxía Intercultural. Imaxe de arquivo
A finalidade deste galardón é distinguir proxectos docentes novidosos que desenvolvan habilidades e fortalece capacidades para a innovación e a transformación social
Santiago de Compostela

O proxecto Pedagoxía Intercultural e APrendizaxe-Servizo (PEINAS), coordinador polos profesores do grupo de investigación Esculca da USC, Miguel A. Santos Rego e Alexandre Sotelino Losada, acaba de ser recoñecido nos Premios SUISIA 2021, coa insignia SUISIA Starter (Spanish universities in social innovation activities), recibindo por parte do xurado o primeiro accésit. A finalidade deste galardón é distinguir proxectos docentes novidosos que desenvolvan habilidades e fortalece capacidades para a innovación e a transformación social.

O Proxecto PEINAS, cunha traxectoria de once edicións, consolida a metodoloxía da aprendizaxe-servizo no marco da materia Pedagoxía Intercultural do Grao de Pedagoxía. Por medio desta experiencia, o alumnado entra en contacto con entidades do terceiro sector nas cales se xestiona a diversidade cultural. 

Iniciativa transformadora

O proxecto Spanish Universities Involvement in Social Innovation Activities (Suisia) pretende analizar o grao de desenvolvemento das universidades españolas en materia de innovación social. A USC toma parte nesta iniciativa xunto a CSIC, Universitat Politècnica de València e Universitat de València, coa intención de “impulsar esa transformación social na sinerxía entre Universidade e sociedade”, explican dende a organización.

Organizar un espazo de encontro con diferentes axentes sociais e académicos, con solucións creativas e factibles que melloren a vida de moitas persoas nas respectivas contornas é outra das metas do proxecto; alén de fomentar as publicacións científicas neste eido.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 04.06.2021.