Ir o contido principal

O proxecto Spin-Up impulsa unha xornada de networking entre tecido produtivo e axentes xeradores de coñecemento

Todas as iniciativas participantes así como as empresas inscritas, contarán cun espazo na páxina web da xornada
Todas as iniciativas participantes así como as empresas inscritas, contarán cun espazo na páxina web da xornada
O prazo para inscribirse nesta iniciativa que se desenvolverá o 25 de novembro e que pretende estimular a creación de empresas a través da transferencia de tecnoloxía e o coñecemento remata o día 10 deste mes
Santiago de Compostela

A incubadora de empresas Uninova organiza o vindeiro 25 de novembro, a partir das 10.00 horas, no marco do proxecto Spin-Up, unha xornada de networking transfronteirizo entre o tecido produtivo e a oferta dos axentes xeradores de coñecemento. O obxectivo desta iniciativa é o de estimular a creación de empresas a través da transferencia de tecnoloxía e o coñecemento. Nesta ligazón pode formalizarse a inscrición ata o vindeiro 10 de novembro.

As iniciativas emprendedoras terán a oportunidade de manter encontros de networking individuais coas empresas inscritas para valorar as posibilidades de negocio conxuntas. Pódense inscribir iniciativas e/ou proxectos que pertenzan ás seguintes áreas produtivas: Agro-bio, industria alimentaria; Industria creativa, TIC, Turismo; Industria da transformación 4.0; Saúde-envellecemento activo.

Todas as iniciativas participantes así como as empresas inscritas, contarán cun espazo na páxina web da xornada para presentarse e facer un breve resumo do seu proxecto/empresa ante potenciais interesados/as.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 02.11.2020.