Ir o contido principal

O proxecto de vacina contra o SARS-CoV-2 liderado por José Martínez Costas, distinguido nos II International Zendal Awards

Martínez Costas recolleu este galardón dotado con 15.000 euros
Martínez Costas recolleu este galardón dotado con 15.000 euros
O recoñecemento, que conta cunha dotación económica de 15.000 euros, supón un novo estímulo ao traballo deste grupo na loita contra a COVID-19
Santiago de Compostela

O profesor da USC José Martínez Costas recolleu este xoves o galardón que distingue o proxecto que lidera para a obtención dunha vacina contra o SARS-CoV-2 no marco dos II International Zendal Awards, na categoría de saúde humana e animal. O recoñecemento, que conta cunha dotación económica de 15.000 euros, supón un novo estímulo ao traballo deste grupo na loita contra a COVID-19. Entre os criterios aplicados polo comité científico para seleccionar aos gañadores, destaca a innovación e transformación social, a viabilidade e aplicabilidade do achado, a contribución deses avances á mellora e benestar da sociedade, así como a relevancia científica da investigación.

O proxecto de vacina parte dunha metodoloxía propia desenvolvida polo grupo de Martínez Costas, baseada en  microesferas, que permite xerar antíxenos vacinais con rapidez e a baixo custo. José Manuel Martínez Costas valorou o premio como “una inxección de moral e confianza enorme, en especial, ao vir dunha empresa referente no campo biotecnolóxico, e das primeiras en saltar á palestra, na loita contra o coronavirus pandémico”.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.06.2023.