Ir o contido principal

O proxecto Voces Ledas de educación vocal e canto dirixido á infancia preséntase este xoves na USC

O proxecto Voces Ledas de educación vocal e canto dirixido á infancia preséntase este xoves na USC
O proxecto Voces Ledas de educación vocal e canto dirixido á infancia preséntase este xoves na USC

A investigadora predoutoral do Departamento de Pedagoxía e Didáctica da USC Lucía Casal de la Fuente comezou no curso 2015-2016 o proxecto psicopedagóxico ‘Voces Ledas’ de educación vocal e canto dirixido á infancia. Para a súa posta en marcha, en setembro de 2016 nenas e nenos do CEIP López Ferreiro formaron un coro piloto coa participación e apoio da profesora Diana Capelo.

Os detalles e resultados deste proxecto inédito presentaranse este xoves, 1 de xuño, ás 10.30 horas no Salón de Actos da Facultade de Ciencias da Educación (Avda. Xoan XXIII, Campus Norte) nunha sesión aberta a todo o público. Ademais de Lucía Casal, participará o resto do equipo de Voces Ledas, o director do Orfeón Terra a Nosa e director do Coro Universitario, Miro Moreira, e a cantante Mariola González.

No acto exporanse as orixes, o presente e as propostas de futuro da iniciativa, ademais de ter a oportunidade de participar nunha aula aberta.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 31.05.2017.