A próxima Nerd Nite mostrará a realidade do colectivo de menores trans
A próxima sesión da NerdNirte, este xoves 12 no Café Casino a partir das 22.00 horas, comezará da man de Cristina Palacios Castro, presidenta de Arelas, asociación de familias de menores Trans*. A súa intervención ‘Trans*formando a sociedade’ achegará a súa experiencia neste eido, xa que é a nai da primeira nena trans de Galicia que logrou cambiar legalmente de nome.
Xunto ela, intervirán tamén Víctor Tilve Rúa, presidente do colectivo Calidade do Ceo Nocturno e doutorando do Departamento de Matemática Aplicada da USC, coa charla ‘Batman, o cabaleiro escuro?’ e Marcos Toribio Acebedo, coordinador xeral de Oral Group Centros Dentales, quen en alusión á profesión odontolóxica lanzará a pregunta ‘Un simple barbeiro sacamoas, ou algo máis?’.
Nerd
As NerdNites naceron hai anos en Estados Unidos, unha proposta orixinal á que se sumou Santiago en 2012, sendo a primeira cidade española en facelo. Articúlase en base a pequenas charlas científicas con contidos chamativos, onde especialistas dialogan co público das disciplinas que lles apaixonan fóra do ámbito académico, nun ton distendido e en horario nocturno.