Ir o contido principal

A psicóloga Marta Ramos participa este venres nun coloquio sobre demencia e alzhéimer na Casa do Saber de Lugo

Cartaz da xornada
Cartaz da xornada
A sesión, organizada pola Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC, comezará ás 18.00 horas. A entrada é libre de balde para todo o público interesado

A directora da empresa Valora, atención ao envellecer e á dependencia, Marta Ramos Goicoa, ofrecerá este venres, a partir das 18.00 horas, no auditorio da Casa do Saber de Lugo, un relatorio sobre a demencia e o alzhéimer, na que tratará cuestións relativas á demencia e ao alzhéimer.

Marta Ramos é licenciada e graduada en Psicoloxía pola USC, diplomada de Estudos Avanzados en Neurociencias e ten un posgrao oficial en Xerontoloxía, tamén pola USC. A sesión, promovida pola Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC (Alumni USC), é de entrada libre e gratuíta para todo o público interesado.

A empresa Valora basea o seu ámbito de traballo na prestación de servizos xerontolóxicos: valoración e estimulación cognitiva de persoas maiores, asesoría a coidadores, organización de cursos e seminarios, o envellecemento, a xubilación e outros temas relacionados coa psicoloxía e a educación socio-sanitaria.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 12.04.2018.