Ir o contido principal

Psicoloxía conciencia ao alumnado universitario sobre a síndrome de Asperger

Participantes na feira
Participantes na feira
A Facultade acolle este martes a feira ‘Ponte no meu Lugar’ na que persoas con este trastorno dan a coñecer o seu xeito de percibir o mundo
Santiago de Compostela

A feira ‘Ponte no meu lugar’ bota a andar este martes na Facultade de Psicoloxía da USC con distintos obradoiros e dinámicas a través das cales persoas afectadas pola síndrome de Asperger pretenden achegar o seu xeito específico de percibir o mundo ao alumnado universitario.

Mediante unha serie de “aspiactividades”, tal e como as denominan dende a propia organización da feira, toda a comunidade universitaria está invitada a achegarse e descubrir dunha maneira práctica algunhas das dificultades que experimentan no seu día a día as persoas con esta síndrome.

A Facultade de Psicoloxía acolle este martes 1 de outubro a feira ‘Ponte no meu lugar’ ao longo de todo o día. A quenda de tarde estenderase entre as 16.00 e as 18.00 horas. Ciencias da Educación será o lugar escollido para celebrar a segunda xornada da feira que terá lugar o vindeiro venres 4 de outubro entre as 10.00 e as 14.00 horas.

Cartel da feira

Os contidos desta páxina actualizáronse o 17.12.2019.