Unha publicación ofrece ferramentas para que o profesorado poida planificar axeitadamente as súas actuacións e intervencións educativas
As profesoras Mª Dolores Fernández Tilve, da Universidade de Santiago, e Mª Laura Malvar Méndez, da de Vigo, publicaron recentemente o libro Proyecto educativo de centro, programación de aula, unidad didáctica, adaptación curricular individualizada. Tareas indispensables en la labor docente. Ejemplificaciones. A modo de manual, o texto nace da necesidade de dotar ao profesorado en formación e en exercicio dunhas pautas xerais para o deseño dos procesos de ensino-aprendizaxe.