Ir o contido principal

Publicada a proclamación provisional de candidaturas electas de representantes do estudantado no Claustro Universitario

En total, os comicios abarcaron 84 postos elixibles. Imaxe de arquivo de estudantado nun centrro da USC FOTO: Santi Alvite
En total, os comicios abarcaron 84 postos elixibles. Imaxe de arquivo de estudantado nun centrro da USC FOTO: Santi Alvite
Os recursos ante a Comisión Electoral Central poden formalizarse ata o 19 de marzo
Lugo, Santiago de Compostela

A listaxe coa proclamación provisional de candidaturas electas no marco dos comicios de representantes do estudantado no Claustro Universitario xa pode consultarse na páxina web das eleccións. Os recursos ante a Comisión Electoral Central poden formalizarse ata o 19 de marzo. A proclamación definitiva de candidaturas terá lugar o día 20 deste mes.

Os centros nos que se efectuaron votacións foron a Escola de Doutoramento Internacional da USC, a Escola Técnica Superior de Enxeñaría e as facultades de Bioloxía, Ciencias da Educación, Ciencias Políticas e Sociais, Filoloxía, Humanidades, Medicina e Odontoloxía e Xeografía e Historia. En total, os comicios abarcaron 84 postos elixibles. Os centros nos que non foi preciso efectuar as votacións foron aqueles nos que o número de candidaturas era inferior ao de postos elixibles.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.03.2024.