Ir o contido principal

Publicada a resolución provisional de persoas admitidas e excluídas na convocatoria de axudas de manutención da USC

As presentes axudas teñen por obxecto sufragar parcialmente os gastos de alimentación do estudantado mediante a emisión de bonos de comedor. FOTO: Santi Alvite
As presentes axudas teñen por obxecto sufragar parcialmente os gastos de alimentación do estudantado mediante a emisión de bonos de comedor. FOTO: Santi Alvite
As persoas interesadas disporán dun prazo de tres días hábiles, a contar dende o 24 de outubro e ata o día 28 deste mes, para presentar as emendas ou alegacións que estimen oportunas
Lugo, Santiago de Compostela

A USC publicou este xoves 23 a resolución provisional de persoas admitidas e excluídas na convocatoria de axudas de manutención. As persoas interesadas dispoñen dun prazo de tres días hábiles, a contar dende o 24 de outubro e ata o día 28 deste mes, para presentar as emendas ou alegacións que estimen oportunas. 

A Universidade de Santiago de Compostela segue a considerar de relevancia, por sexto curso consecutivo, a convocatoria das axudas de manutención dirixidas ao seu estudantado. Estas axudas, iniciadas en 2020 debido á crise económica derivada da enfermidade por coronavirus continúan sendo necesarias, tendo en conta a permanencia da crise económica reflectida na actual conxuntura de escalada de prezos, e que está afectando ao consumo de produtos básicos. 

As presentes axudas teñen por obxecto sufragar parcialmente os gastos de alimentación do estudantado mediante a emisión de bonos de comedor intercambiables por un menú nos días e períodos lectivos segundo o calendario escolar do curso 2025/26 e na forma e cos requisitos que se establecen nas súas bases reguladoras.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.10.2025.