Publicados os horarios extraordinarios das bibliotecas co gallo dos exames do segundo semestre e segunda oportunidade
A Biblioteca Universitaria acaba de publicar os horarios extraordinarios co gallo dos exames do segundo semestre e segunda oportunidade. Así, as bibliotecas Concepción Arenal (952 prazas), Intercentros de Lugo (938 prazas), a da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais (358 prazas ampliables) e a Sala de Lectura de Dereito (700 prazas ampliables) estenden o seu horario habitual.
A Biblioteca Concepción Arenal abrirá do 1 de maio ao 4 de xuño, entre as 8.30 e a 1.00; mentres que do 5 ao 11 de xuño, a apertura estenderase entre as 8.30 e as 0.00 horas. Do 12 ao 30 de xuño, este centro manterá abertas as súas portas de 9.00 a 22.00 horas.
Do 1 de maio ao 11 de xuño de 2023 (última noite do 10 ao 11 de xuño), a Intercentros Lugo estenderá o seu horario entre as 8.30 e as 0.00 horas. Ademais, do 12 ao 30 de xuño, as portas deste centro permanecerán abertas das 9.00 ás 22.00 horas.
A biblioteca da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais súmase tamén a estes horarios extraordinarios ao abrir entre as 8.30 e as 0.00 horas, do 1 de maio ao 11 de xuño. Finalmente, a Sala de Lectura de Dereito, nas mesmas datas, desenvolverá os seguintes horarios: do 1 ao 7 de maio, 8.30-3.00; do 8 de maio ao 4 de xuño, 24 horas; do 5 ao 11 de xuño, 8.30-3.00 horas.