Ir o contido principal

Os Puntos de Atención Emprendedora da USC presentarán o Programa de Xeración de Proxectos Emprensariais

Os Puntos de Atención Emprendedora da USC (PAE) presentarán este mércores 17 o Programa de Xeración de Proxectos Empresariais, iniciativa que desenvolve en colaboración coa Fundación INCYDE e a Cámara de Comercio de Santiago de Compostelá. A presentación en Santiago desenvolverase a partir das 12.00 horas no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, mentres que en Lugo será ás 16.00 horas na Sala de Xuntas da Escola Politécnica Superior. Esta iniciativa enmárcase no programa de actividades dos PAE de cara á promoción e difusión entre o colectivo universitario enfocado a xerar clima emprendedor. O programa, de matrícula gratuíta, é unha oportunidade para todas aquelas persoas que teñan unha idea de negocio, para aquelas que queiran contribuír a desenvolver ideas doutros/as promotores/as ou para coñecer máis detalles do proceso de creación dunha empresa. A primeira fase, de xeración, desenvolverase os días 22 e 23 de outubro na Facultade de Ciencias da Comunicación. A segunda fase, de desenvolvemento, terá lugar os días 9, 16, 23 e 30 de novembro, no Edificio Emprendia e no Viveiro da Cámara de Comercio de Santiago. O programa difundirase a través de vídeoconferencia no Campus de Lugo. En conxunto, esta acción formativa procura traballar de forma colectiva na definición de proxectos empresariais viables; elixir os proxectos aos que dedicarán o seu tempo, creando grupos de traballo arredor de cada idea; e aprender o que todo/a emprendedor/a debe saber para levar unha idea dende o papel á realidade e cál é o camiño a seguir, desenvolvendo un plan de negocio viable. Para acadar máis información ou formalizar inscricións, está dispoñible a web http://www.incyde.org/agenda_detalle.aspx?idEvento=164&FechaEvento=. Os PAE

Os PAE, creados pola USC a través da Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento, en colaboración coa Cámara de Comercio de Santiago de Compostela e a Cátedra Bancaja e o apio técnico da Fundación INCYDE, son un servizo de atención e apoio aos universitarios emprendedores. O seu obxectivo é fomentar o emprendemento entre o estudantado universitario e lograr a creación real de empresas nas universidades. Para logralo, axudan ao alumnado con proxectos empresariais con servizos de asesoramento e apoio á posta en marcha efectiva de iniciativas empresariais.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 16.10.2012.