Radio Galicia premia á Universidade de Santiago de Compostela

Radio Galicia, a emisora da SER en Santiago de Compostela distinguiu á Universidade (USC), entre outras 18 institucións, empresas e personalidades, con motivo da celebración do 75 aniversario da emisora. O reitor, Senén Barro recolleu o galardón, unha escultura de Luís Loureira, no transcurso dun acto presidido polo presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, e desenvolvido no Centro de Arte Contemporánea de Santiago, o día 20 deste mes.
En xaneiro de 1933, Unión Radio instala, no patio do convento de San Domingos de Bonaval de Santiago de Compostela, un centro emisor para dar servizo de radio a Galicia. Os estudos e oficinas ubicáronse na casa nº 5 da Praza da Universidade e así comeza a súa andaina a radio neste país.
Para conmemorar e festexar os 75 anos de vida, Radio Galicia entregou unha escultura de Luís Loureira, Serenidade, ás seguintes institucións, empresas e personalidades de Santiago de Compostela: Universidad de Santiago, Cámara de Comercio de Santiago, Instituto Rosalía de Castro, Asociación de Empresarios del Polígono do Tambre, Televés Sala Capitol, El Corte Inglés, Punto Norte, Área Central, Xosé Luís Bernal “Farruco”, Xosé Manuel Beiras Torrado, Antonio Bermúdez, Isabel Carou, Pepe Domingo Castaño, Isaac Díaz Pardo, Xerardo Estévez Fernández, Xerardo Fernández Albor, Ghaleb Jaber Ibrahin e Avelino Pousa Antelo.
SerenidadeÉ unha peza de pedra e ferro soldado e pintado, de 29,7 cm. de altura, simbolizando á dureza dos tempos que viviu a radio e tamén a súa “evolución constante, con firmeza e quietude, en sólida e permanente ascendencia”. No folleto que acompaña á escultura, ao seu autor defínese coma “un facedor de formas, un creador de proxeccións e de miradas que atravesan calquera materia, para penetrar no corazón ou no miolo das cousas e das almas”.