Ir o contido principal

A Real Academia de Enxeñaría organiza no Colexio de Fonseca unha xornada sobre o impacto da evolución e o futuro da enerxía e a alimentación na sustentabilidade global

A Universidade de Santiago colabora coa Real Academia de Enxeñaría na organización de dúas conferencias que, baixo o título ‘Dúas ameazas para a sustentabilidade global: o futuro da alimentación e da enerxía’, se vai celebrar este mércores 27 a partir das 18:00 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca.
O programa do acto comezará coa presentación da sesión a cargo do presidente da Real Academia de Enxeñaría, Aníbal R. Figueiras Vidal, e do presidente da Fundación ‘Pro Rebus Academiae’, Enrique Alarcón, que estarán acompañados pola vicerreitor de Investigación, María José Alonso.
Deseguido, ás 18:15 horas, o académico numerario Elías Fereres Castiel pronunciará a conferencia titulada ‘O futuro da alimentación’, ao que lle seguirá o tamén académico José Ignacio Pérez Arriaga cunha intervención titulada ‘Enerxía e cambio climático: formulacións a futuro’.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 26.06.2007.