Ir o contido principal

Recepción aos integrantes da visita de estudo Comenius

A vicerreitora de Persoal Docente e Investigador, Carmen Fernández Morante, e o de Estudantes, Francisco Durán, recibirán este xoves 23 aos integrantes da visita de estudo Comenius que esta semana se atopan en Santiago para debater sobre cuestións educativas e xerar novas ideas e proxectos no marco do Lifelong Learning Program (LLP). A recepción desenvolverase no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome a partir das 9:00 horas. En concreto, na visita de estudo participan profesionais da educación de diferentes países da Unión Europea, nun encontro que vai xirar de xeito específico en torno ao desenvolvemento de escenarios flexibles de aprendizaxe baseados nas TIC.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.06.2011.