Ir o contido principal

Recepción na Reitoría aos dez licenciados en Medicina que se clasificaron entre os cen mellores da última convocatoria do MIR

O reitor Juan Casares, acompañado do decano da Facultade de Medicina, Juan Gestal, e os demais membros do equipo decanal, recibirá este martes 6 ao grupo de licenciados/as en Medicina pola USC que se clasificaron entre os 100 mellores da última convocatoria de Médico Interno Residente (MIR). A recepción celebrarase no Salón de Graos do Colexio de San Xerome a partir das 11.15 horas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.03.2012.