Ir o contido principal

Recollida simbólica de sinaturas en reivindicación da Filosofía no ensino medio

A Facultade de Filosofía da USC organiza este martes 23 un acto simbólico de recollida de firmas en favor da iniciativa lexislativa popular presentada no Parlamento de Galicia en reivindicación da Filosofía no ensino medio.

O acto, ás 14.00 horas na praza de Mazarelos, virá precedido dunha Xunta de Facultade co punto expreso da orde do día de apoio á iniciativa.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.05.2017.