Ir o contido principal

Unha das máis recoñecidas expertas europeas en recuperación cerebral tras dano impartiu unha conferencia na USC

Barbro Johansson está considerada unha das máis recoñecidas expertas europeas en recuperación cerebral tras dano impartiu unha conferencia na USC
Barbro Johansson está considerada unha das máis recoñecidas expertas europeas en recuperación cerebral tras dano impartiu unha conferencia na USC

A prestixiosa catedrática de Neuroloxía da Facultade de Medicina de Lund (Suecia), Barbro Johansson, impartiu este martes 19 unha conferencia na que explicou o significado de plasticidade cerebral e neuroxénese na recuperación do dano cerebral ou medular.
A profesora Johansson é una figura de recoñecemento internacional no eido da recuperación cerebral tras dano. O seu lugar de traballo, o Centro de Investigacións Biomédicas da Universidade de Lund-Instituto Wallenberg de Neurociencias, está considerado o máis importante de Suecia no campo experimental.
A catedrática abordou na súa conferencia a maneira de enfocar a recuperación do paciente con dano cerebral ou medular adquirido tras trauma ou accidente vascular así como as perspectivas a curto prazo para a recuperación deste tipo de pacientes mediante implantes de células madre ou tratamentos farmacolóxicos, entre outros.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.02.2008.