Ir o contido principal

O recoñecido hispanista británico Sebastian Balfour inaugura este mércores o encontro internacional ‘España e Marrocos’

O recoñecido hispanista británico Sebastian Balfour inaugura este mércores o encontro internacional ‘España e Marrocos’
O recoñecido hispanista británico Sebastian Balfour inaugura este mércores o encontro internacional ‘España e Marrocos’
Ofrece ás 10:00 horas en Filosofía unha palestra e presenta a reedición da súa obra Abrazo Mortal, un dos traballos sobre historia de España más influentes do século

Organizado polo grupo HISPONA da USC e coordinado polos investigadores Alfonso Iglesias Amorín e Xosé M. Núñez Seixas, este mércores 9 e o xoves desenvolverase na USC o encontro ‘España e Marrocos: Guerra, convivencia e colonialismo, séculos XIX e XX’.

Entre as diferentes actividades que engloba esta cita científica destaca a palestra do hispanista británico Sebastian Balfour, da London School of Economics, e, aproveitando a súa presenza, a presentación da reedición da súa famosa obra Abrazo Mortal: De la guerra colonial a la Guerra Civil en España y Marruecos (1909-1939), que terá lugar este mércores 9 ás 10:00 no salón de actos da Facultade de Filosofía.

O libro, editado orixinalmente en 2002, é un dos traballos sobre historia de España más influentes do século XXI pola súa análise dun conflito tan importante na Historia Contemporánea española como foi a Guerra de Marrocos de 1909 a 1927, na que mostrou temas case descoñecidos como o uso de armas químicas por parte do exército español, e pola vinculación que o exército de África tivo posteriormente a esta contenda, que finalizou coa súa participación decisiva na Guerra Civil Española.

Encontro ‘España e Marrocos’ O principal obxectivo do encontro –que o mércores ten lugar en Filosofía e o xoves no Colexio Maior Rodríguez Cadarso- é servir como marco de relación entre investigadores de diferentes universidades cuxas liñas de traballo teñen en común temas relacionados coas relacións hispano-marroquís, as guerras do Exército español en Marrocos ou o Protectorado.

Os organizadores queren ademais achegar á USC unha cuestión “que lle ten sido relativamente allea e da que tentaremos demostrar a súa potencialidade para conseguir espertar o interese do persoal investigador”.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 08.05.2018.