Ir o contido principal

A Red Interuniversitaria de Postgrados en Turismo visita Santiago

O Programa Oficial de Posgrao Interuniversitario en Dirección e Planificación do Turismo recibe este xoves, día 6, en Santiago aos membros da Red Interuniversitaria de Postgrados en Turismo (RED-Intur).
Esta rede naceu co obxectivo de cooperar no estudo, intercambiar experiencias e propoñer actuacións cara a adaptación das ensinanzas en turismo en España ao novo marco do Espazo Europeo de Educación Superior. A Universidade de Santiago, a través do seu POP en Dirección e Planificación do Turismo, é membro da rede desde a súa constitución.
Nesta xuntanza, integrada no calendario de reunións que a rede realiza desde que foi creada, abordarase a situación dos novos estudos de Grao e Doutoramento en Turismo e a problemática da mobilidade de estudantes de posgraos oficiais, entre outras cuestións.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.11.2008.