A Rede Galega de Innovación Agroforestal celebra este martes a súa primeira reunión no edifico Cactus do Campus Terra da USC
A Rede Galega de Innovación Agroforestal celebrará este martes 12 de setembro, a partir das 9.00 horas, a súa primeira reunión de traballo no edificio Cactus do Campus Terra da USC. A profesora e investigadora do Departamento de Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría da EPS de Enxeñaría do Campus Terra da USC Rosa Mosquera abrirá a quenda de relatorios cunha sesión informativa sobre o proxecto Afinet, do que é coordinadora.
A presentación de diversos sistemas agroforestais existentes en Galicia, a análise das principais problemáticas e necesidades que presentan estes sistemas agroforestais na comunidade galega, así como a proposta de solucións e oportunidades para a implementación e fomento dos sistemas agroforestais serán algunhas das cuestións a debate no marco desta reunión. A xornada continuará en quenda de tarde cunha visita de campo na que que os participantes poderán visualizar algúns experimentos sobre prácticas agroforestais desenvolvidas polo Grupo de Sistemas Silvopatorais do Campus Terra da USC.