Ir o contido principal

A Rede de Grupos de Investigación en Agroecoloxía e Historia reuniu en Ribadeo a especialistas de calado para falar do futuro do agro

A Rede de Grupos de Investigación en Agroecoloxía e Historia reuniu en Ribadeo a especialistas de calado para falar do futuro do agro
A Rede de Grupos de Investigación en Agroecoloxía e Historia reuniu en Ribadeo a especialistas de calado para falar do futuro do agro

A Rede de Grupos de Investigación en Agroecoloxía e Historia (ReVolta) organizou a pasada semana en Ribadeo un debate sobre o futuro do agro do que saíron as liñas de traballo para este ano da rede que conforman os grupos HISTAGRA, COSMERUN, GIEEA, GESPIC e LABORATE. No encontro abordouse o estado actual do agro dende unha perspectiva académica e científica multidisciplinar. Participaron os historiadores da USC Lourenzo Fernández Prieto, Ramón Villares, Daniel Lanero e Ana Cabana e David Soto Fernández, da Universidade Pablo de Olavide, así como os economistas Xabier Simón Fernández, Alfredo Macías, Edelmiro López Iglesias, Emilio Pérez Touriño e Xan López Facal. Do ámbito da enxeñería, economía e socioloxía agraria asistiron Xoán Carlos Carreira, Rafael Crecente Maseda, Xan López Facal, Francisco Javier López González, Ana Isabel García Arias, María Elvira López Mosquera, Mª do Mar Pérez Fra, Ramón Fuentes Colmeiro e Xan Xosé Neira Seijo, mentres que da edafoloxía e química agrícola participaron Francisco Díaz-Fierros e Felipe Macías Vázquez. Xosé Luís Barreiro Rivas e Antonio Losada achegaron a súa visión dende a ciencia política, que se viu enrioqucida polos puntos de vista do arquitecto Manuel Gallego Jorreto, os biólogos José Ramón Vidal Juviño e Manuel Antonio Rodríguez Guitián, o antropñólogo Xerardo Pereiro Pérez e os arqueólogos Felipe Criado e Paula Ballesteros-Arias. As conclusións do encontro colgaranse proximamente na páxina web http://histagra.usc.es.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.02.2012.