Ir o contido principal

A Rede Internacional de Dereito Europeo preséntase este martes na Universidade de Santiago

Contará coa intervención do ex presidente do Parlamento Europeo, Enrique Barón, que tamén presentará o seu libro Más Europa, ¡unida!

O Centro de Estudos e Documentación Europeos da USC (CEDE)colabora na organización este martes 5 na Universidade de Santiago do Seminario de Reflexión ‘Máis Europa’ e que comezará ás 16.30 horas na Sala de Xuntas da Facultade de Dereito coa presentación da Rede Internacional de Dereito Europeo (RIDE). Nela participarán o coordinador da RIDE, Isaac Martín; o coordinador do grupo DAESP, Javier Ferreira; e o director do CEDE, Carlos Teijo. O profesor de Relacións Internacionais da USC Rafael García Pérez tomará a palabra a continuación para presentar o relatorio ‘A contribución da Unión Europea á gobernanza global’. A partir das 18.00 horas, o expresidente do Parlamento Europeo, Enrique Barón, pronunciará a conferencia ‘Como facer máis Europa: un decálogo’. O mesmo Enrique Barón participará a partir das 20.00 horas na presentación do seu libro Más Europa, ¡unida!. Memorias de un socialista europeo. Nesta sesión participarán tamén o decano da Facultade de Dereito, Luís Míguez, e o profesor de Historia e Institucións Económicas, Jaime Barreiro.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 04.11.2013.