Ir o contido principal

Reflexionan sobre a saúde dos profesionais con alto risco de estrés

UNIVERSIDADE DE VERÁN 2011

A Universidade de Verán 2011 inclúe na súa programación unha proposta que se achega ás profesións con alto risco de estrés dende o punto de vista da súade, a celebrar os días 19 e 20 de xullo no Real Club Náutico de Sanxenxo. Baixo a dirección de Manuel Freire-Garabal, o curso conta co cofinanciamento do Concello de Sanxenxo, da Xunta de Galicia, do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral e de Novacaixagalicia. A promoción da saúde, benestar e produtividade no traballo, o impacto en Galicia das profesións con alto risco de estrés e a tensión laboral no contexto da Responsabilidade Social das Empresas, son os argumentos cos que botará a andar o programa. Xa no sesión do día 20, os debates estarán centrados na xestión do estrés en coidadores de pacientes con dependencia e nas políticas saudables dende a xuventude. Tamén se celebrará un foro sobre estrés en situación de emerxencia e catástrofe.

Para coñecer máis detalles sobre o programa así como sobre o proceso de matrícula, as persoas interesadas poden consultar a paxina web do curso en http://www.usc.es/cultura/uveran37_11.htm.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 06.07.2011.